QUENES SOMOS

Que é Nos Seus Pés?

É un festival solidario organizado por veciños de O Grove (Pontevedra) que busca concienciar sobre á situación actual dos refuxiados e colaborar economicamente con dúas das organizacións de axuda humanitaria que operan no Mediterráneo: Project Elea e PROEM-AID.

O evento organízase en dous días nos que se celebran distintas actividades gratuitas para tódolos públicos. O noso principal obxectivo é concienciar sobre esta situación humanitaria e a capacidade da xente en colaborar con diversas organizacións no terreno.

Por que “Nos Seus Pés”?

A historia da humanidade é unha historia de desprazamentos. Sexa por causas políticas, económicas ou sociais. A historia dos pobos é a historia de pés que se moveron, fuxindo, buscando, de pés que, nalgún momento decidiron parar de camiñar, ou non.

Queremos centrarnos nos pés de aqueles que chaman refuxiados cando é iso o que buscan, refuxio. De todas as persoas que xa non teñen nome, nacionalidade, fogar, traballo, soños. De todas as personas que se agrupan nesa palabra con connotacións, en ocasións, tan falsas. Queremos que penses nos pés que levan centos de kilómetros recorridos buscando seguridade. Nos pés das persoas que queren sobrevivir na espera de volver ao seu fogar. Queremos que penses nos muros que teñen que saltar, a veces insalvables e nos mares que deben cruzar, a veces sen sorte.

Queremos que penses neles, nos seus pés.

     Campaña de concienciación de Save the Children co lema “que non suceda aquí non significa que non suceda”.

Cal é o destino dos donativos?

  • PROJECT ELEA :Project Elea é unha organización independente formada por voluntarios de todo o mundo e financiada por donacións privadas. Levan máis de dous anos traballando no campo de refuxiados Eleonas (situado ás aforas de Atenas).Este proxecto nace da necesidade de mellorar as condicións e calidade de vida dos miles de refuxiados que están retidos en Grecia dende o peche das fronteiras producido en 2016.

    Resultado de imagen de project elea

     

     

     

     

    Project Elea traballa axudando no día a día dos máis de 2500 residentes de 26 grupos étnicos diferentes (Siria, Afganistán, Iran, Irak, Pakistán, Guinea…) desenvolvendo un programa de máis de 30 actividades educativas, artísticas, deportivas, culturais, medioambientais y de integración social, centradas en dignificar a súa situación ante a pasividade da UE.

 

  • PROEM-AID:PROEM-AID  é un equipo español de profesionais das emerxencias que axuda de forma voluntaria dende decembro de 2015 no sureste da isla griega de Lesbos e dende septembro de 2017 comenza tamén a axudar no Mediterráneo Central.Os equipos están formados por bombeiros, mergulladores, nadadores de rescate e sanitarios que rotan cada 15 días. Cada vez que un novo membro se suma a o proxecto recibe xornadas de formación teórica e práctica enfocadas aos salvamentos que realizan.

    Cada proxecto desenvolverase ata que a axuda de salvamento e rescate no mar non sexa necesaria ou en caso de falta de medios ou financiación.

proemaid
Imaxe: Asociación de la prensa de Sevilla