Un ano máis o Grupo Nove protagonizará a primeira actividade do festival Nos Seus Pés, será o próximo día 18, venres, na carpa institucional da Praza do Corgo (O Grove). Non estarán solos, Adrián Torres, Festicultores e Quilma, serán os encargados de animar a sesión coa súa música.
O Grupo Nove é unha asociación de cociñeiros e restaurantes galegos, autores da mellor cociña de vangarda sen esquecer a tradición e a calidade característica dos fogóns galegos. Javi Olleros, do restaurante meco Culler de Pau, será o anfitrión da venta de tapas xa que ademáis de ser membro do Grupo Nove é un dos promotores do festival. Falando de música non podíamos deixar atrás a Pepe Solla do restaurante Casa Solla. Dende Boqueixón chegará Roberto Filgueira, de O Balado entre outros cociñeiros por confirmar.

E como non hai nada que acompañe mellor a unha boa comida que unha boa música -a boa compañía a deixamos nas vosas mans- o músico meco Adrián Torres animará o tapeo na propia carpa para despois pasar ao escenario principal onde Festicultures fará da Praza do Corgo unha auténtica festa. Esta rematará co grupo de rock Quilma, quenes veñen de presentar o seu primer disco.
Dende Nos Seus Pés agradecemos a cociñeiros e músicos a súa colaboración e recordamos que todo o recaudado na venta de tapas, bebida e merchandising será destinado a Proem-aid e Project Elea.