Hai poucas cosas que nos fan sentir máis na casa que a comida. Iso é un sentimento universal, poder transportarte durante un anaco a aquel lugar, coa tua familia e na seguridade do teu fogar. No campo de Eleonas (Atenas) os sabores son sinónimo de esperanza, esa que dada a situación non é tan fácil de manter. Project Elea decidiu utilizar o poder da cociña como medicina, xuntando nun libro recetas típicas dos lugares de procedencia das persoas do campo, o resultado e Recipes Welcome.
É preciso lembrar que os campos de refuxiados, todos, os repartidos por todo o mundo, son lugares onde o tempo se para. Lugares pensados para estadías breves que poden acabar sendo anos. Familias enteras viven neles e a necesidade de actividades, de lecer, de traballo, e tan importante como a comida, a vestimenta e a medicina. Ter un propósito é esencial. O proxecto de Recipes Welcome é so un dos que leva a cabo Project Elea no campo, cuxo obxectivo e lograr un ambiente de convivencia positivo entre persoas e culturas. Ademáis, o recaudado pola venda (pódese mercar aquí) do recetario destínase á propia organización, para que poidan seguir traballando no campo.