CARTA ABERTA

Que foi de Nos seus pés? Canto recadaron na segunda edición? Irán a pola terceira? Quedarían eles cos cartos e enganaron a todos? A crise dos refuxiados rematou? Que pasa?

Antes de confesar que sospeitosamente despois do festival collín o primeiro avión ás Bahamas, gustariame agradecer persoalmente a tódalas personas que colaboraron no festival dun xeito ou outro. Ao equipazo de voluntarios e voluntarias, aos meus amigos (merecedes o ceo, inda que ides pudrir na terra coma todos), aos amigos dos meus pais, a Nardo, a tódolos comercios, hoteles, bares, a tódolos artistas (o festival non sería posible sen eles), ao Grupo Nove, a Javi e ao seu equipazo de Culler de Pau, as panaderías, ao Concello do Grove, a Santi Palacios, a Estrella Galicia, ao Gadis, a Lauka, a Dabyzsoft, a Ceci, Iago, Fran (de Project Elea), a Mohamed Safa, a Fanny (o teu irmán é un crack!), a Isma, David, Naír, Fran, Mare…, a Alberto Crego (de Proem-aid), a Josebe, a Marina, a todos esos comercios e personas que colaboraron (e moito) pero non queren paparazzos na porta da casa, á miña avoa, que preparou un marabilloso cocido para os de The Jeggas (as enerxías perdidas despois de vir dende Lisboa en coche só podían ser recuperadas cun potingue dese nivel)… e esquecereime de alguén, seguro.

Non todo son cores de rosas; organizar un festival (por pequeno que sexa) pola túa conta pódese volver agobiante e duro (no bar diríanme: pois non o faghas!), e creo que contar só o lado bó das cousas xera unhas expectativas irreais de como ten que ser a vida. A cultura da felicidade constante é unha farsa, amigos. Sería inxenuo pensar que se pode cambiar ‘algo’ no ámbito legal e político da situación das personas refuxiadas cun festival. Creo que eventos como Nos seus pés manteñen a ilusión de toda esa xente que dedica a súa vida a labores sociais en ongs e pequenos proxectos que se atopan no Mediterráneo (e en todo o mundo). Son, na miña opinión quenes fan que a situación non estea máis desequilibrada do que podería estar e, non me malinterpretedes, non debería de ser así. Os gobernos terían que manexar a situación ao 100% (e entendo que non sexa fácil), pero se imos máis aló as guerras e as inxustizas sociais ‘non terían que existir’. Entender o conxunto de teorías (biolóxicas, sociolóxicas, históricas etc) do comportamento do ser humano da máis dores de cabeza que entender a orixe do universo (ao mellor paseime un pouco). O debate é necesario e temos que normalizar esta crise na sociedade. Hai todo un abanico de conflictos sociais de diversas temáticas e é dificil condensar un tema como “principal”. Normalizar a diversidade é importantísimo, pero non podemos esquecer que nesa mesma diversidade hai unha maioría con moitos problemas. Estamos vivindo nunha burbulla a punto de estoupar e non sei se teño medo. Vivir na incerteza de como podo rematar todo, podo ser peor cao medo. Tódolos dereitos e libertades coas que nacemos foron loitadas e conseguidas polos nosos avós e avoas. Non o perdamos.

Nos seus pés é o pequeno ensaio a nivel personal que demostra que xuntos somos mellores. A convivencia e o especiais que son eses días con voluntarios, xente que apenas coñeces, amigos… merecen todo o esforzo.

PD: O recadado, fotos, e moitas máis novas… (non nos rendimos tan pronto…) coa chegada da primavera. Espero que entendades a desconexión.

Bicos,

Mar

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s