Destripamos a programación do festival Nos seus pés

A edición de 2018 dará comezo ás 20:30 horas do venres 19 de outubro co tapeo elaborado polos cociñeiros do Grupo Nove, amenizado ademais con música en directo. Durante todo o fin de semana poderá visitarse na Sala das Dornas do Concello do Grove a mostra de fotografía e audiovisual do fotoxornalista Santi Palacios, toda unha oportunidade para coñecer o seu traballo recoñecido, entre outros, co Premio Nacional de Fotoperiodismo 2016 e o World Press Photo 2017.

O sábado 20 será unha xornada continua lúdica e festiva que comezará as 11.00h cunha andaina popular dende o Monumento á Familia Mariscadora pasando pola Illa da Toxa e que rematará na Praza do Corgo para enlazar coa sesión vermú con Os Firras e Folk de Coiro. Pola tarde Peter Punk e o colectivo Pallasos en Rebeldía, coñecidos polo seu traballo e labor en Palestina, desenvolverán os seus espectáculos de humor e teatro para os máis pequenos. Ás 19:30 terá lugar na Sala das Cunchas do Concello o coloquio co médico, escritor e activista palestino Mohamed Safa afincado en Galicia desde fai máis de 15 anos.

Dende ás 21 horas do sábado comezarán os concertos que poñerán o final a segunda edición de Nos Seus Pes, cun cartel composto polas bandas Blues do Pais, O Puto Coro do Exército Froilanista, Tony Lomba, The Jeggas, Banana Bahia Music, Burgas Vandal e o dj Easymoney. Nos Seus Pes é posible grazas á colaboración desinteresada de todos os participantes, dende a organización, institucións, a veciñanza, os artistas e o mesmo público. Calquer axuda, por pequena que parezca, une e suma. Nos Seus Pés, Nas Nosas Máns

Pronto publicaremos un díptico para podas ter a programación nas túas mans!

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s