Romper todos os valos

‘O Valo’ fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade. Pallasos en Rebeldía – entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil (de educación primaria) a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras.’  Así introducen a obra teatral O Valo. Dirixida por Iván Prado e protagonizada por Fran Rei e Saleta Fernández, esta obra producida por Pallasos en rebeldía e Cultura Activa terá o seu espazo no festival o sábado 20. Admiramos o traballo destas das organizacións coas que colaboramos e temos moitas ganas de que a disfrutedes connosco.

Así, Chungo que te cagas (Peter Punk) e O Valo, son as dúas actuacións para tódolos públicos na tarde do sábado 20 de outubro.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s