Sen acusar a ninguén, parece que a dobre personalidade (hoxe si pero mañan non) está de moda e non se ten en conta a dignidade de miles de personas que poñen a súa vida en perigo no mar porque a terra na que naceron deixou de ser segura. Nos seus pés cre no compromiso e criticamos a indecencia de ter a persoas esperando por unha resposta de acollida que debería de ser inmediata.
O produtor musical Germán Fandiño tamén ten unha dobre personalidade (pero da inofensiva, ou iso contan). O alter ego deste vigués, o showman Tony Lomba, pasará polo Grove o sábado 21 de Outubro para darnos un espectáculo sen pelos na lingua.