‘Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…’. Así se presentan no seu portal web Bieitta James e Pepe King, que estarán connosco no festival o sábado 20 de Outubro co seu grupo Blues do País.
Unha vez máis, agradecer ao espazo creativo Charlatana pola súa colaboración