En Nos seus pés somos un pouco punkis. A Wikipedia di que a filosofía punk pode resumirse en «Faino ti mesmo», «faino ao teu xeito»; rexeitar os dogmas, e non buscar unha única verdade; cuestionar e transgredir todo o que rodea; non actuar conforme ás modas e as manipulacións mediáticas ademais de estar en contra do consumismo; pensar por ti mesmo.
A diversidade é imprescindible nunha sociedade sá. Facer reflexionar sobre o mundo no que vivimos é un dos nosos obxectivos. O Puto Coro do Exército Froilanista traerá o sábado 20 de Outubro cancións atrevidas, rompendo os esquemas e dotando ao festival dun toque de denuncia social e política, coa sátira por bandeira.
Pasen e escoiten, antes de que algún xuíz ocioso decida prohibilo – Gzmúsica.