Cando en ‘Titanic” o cruceiro está a piques de afundir, os primeiros en ir nas lanchas de rescate son as cativas e os cativos. Nas situacións de perigo, é primordial garantir a seguridade dos máis pequenos.
En Nos seus pés a diversión é un dos nosos obxectivos e non sería o mesmo sen ter actividades para quenes máis nos importan. Pensamos que a solidariedade pode ser festeira e que podemos facer reflexionar ao futuro da sociedade sobre a tolerancia e a igualdade.
Este ano, temos a sorte de contar dentro do noso programa de actividades infantiles con Peter Punk, un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto. Ademáis de ser un gran artista, sabemos que contamos cunha persoa e un equipo comprometido coas causas sociais.
O sábado 20 de Outubro no Grove, este pallaso tan peculiar faranos pasar un rato cheo de diversión co seu show ‘Chungo Que Te Cagas’, Este é o espectáculo máis universal e todoterreo do creador, perfecto para calqueira tipo de espacio e público.
Gracias dende todo o equipo de Nos seus pés á organización Charlatana pola súa colaboración nesta e en moitas máis causas.