Un dos obxetivos de “Nos seus pés” é conseguir fondos para as organizacións sen ánimo de lucro que traballan, grazas ao esforzo dos seus voluntarios, en paliar as consecuencias da gran catástrofe humanitaria que estamos a vivir.
Os ingresos derivados de venta de merchandising, consumicións en barras e donativos voluntarios serán destinados íntegramente as organizacións Proem-aid e Project Elea. Buscando o máximo rendemento dos mesmos, dende “Nos seus pés” tomouse a decisión de que Proem-aid terá unha porcentaxe maior dos donativos. A razón é unha cuestión de prioridades, salvar a vida no mar e, despois, coidar que en campos como no que traballa Project Elea os residentes teñan as necesidades básicas cubertas.
- PROJECT ELEA : organización independente que agrupa a voluntarios de todo o mundo que colaboran no campo de refuxiados de Eleonas (Atenas, Grecia). Traballan ofrecendo servicios básicos aos residentes tales como comida ou roupa e tamén realizando actividades para nenos e adultos enfocadas aos ámbitos da educación, cultura e deporte.
No campo viven unhas 2.300 personas de varias nacionalidades. A pesar da colaboración do goberno grego, Project Elea encontra grandes dificultades para ofrecer aos residentes servicios esenciais como atención médica ou seguridade. Máis de 60.000 refuxiados encontránse atrapados en Grecia, a maioría sirios, afganos e iraquís, debido ao feche das fronteiras dos Balcanes.
- PROEM-AID: equipo español de profesionais de emerxencias (bombeiros, buceadores, nadadores de rescate, sanitarios) que axudan de forma voluntaria na isla grega de Lesbos.

Realizan labores de rescate e salvamento dos refuxiados e inmigrantes que chegan por mar a Lesbos. Segundo datos oficiais nun periodo de 20 días do mes de xunio chegaron a esta illa 682 persoas..