MANIFESTO: Nos Seus Pés, nas túas mans

O Grove vive de cara o mar coa misma ollada da familia mariscadora, con respecto e admiración, cos ollos do que sabe que as ondas poden traer o mellor, a vida, o sustento, a supervivencia ou o medo, as noites escuras, a incertidume e incluso a morte. A familia mira ao mar e sobreponse a él. A escultura, un dos símbolos da vila meca inspira forza e dignidade a todo aquel que pasa por ela. É un símbolo de tradicións, traballo e sacrificio pero tamén de unión.

Estos son sentimentos que queremos transmitir cando falamos de refuxiados. De persoas que en moitas ocasións recurren ao mar por supervivencia, con todos os perigos que eso implica. Familias cuxa seguridade depende dun chaleco salvavidas que pode acabar flotando á deriva sendo inútil na súa misión, como sucedeu en máis de 18.000 casos dende 2014, que se teña coñecemento.

A guerra, a inestabilidade política e social e a pobreza son algúns dos factores que levan a milleiros de persoas a emprender unha fuxida desesperada cara unha oportunidade. A pesar do que podemos pensar seguindo os medios de comunicación, esta crise humanitaria, agravada dende o conflito sirio, continúa e así seguirá mentres non haxa acordos e principios globais de solidaridade e axuda. Esta falta de accións dende as institucións fai que o peso do auxilio humanitaria recaia sobre as ONGs e diversas agrupacións de voluntarios. O papel que realiza a organización española de profesionais de emerxencias, Proem-aid é crucial para evitar máis mortes no mar mediterráneo. Pero o camiño non acaba unha vez en terra, o abandono de Europa deixa en mans de asociacións como Project Elea a garantía de seguridade e coidados básicos para as persoas que acaban en campos de refuxiados, neste caso no de Eleonas (Atenas). Alí os voluntarios encárganse de ofrecer  servizos básicos como servizos médicos ou educación pero tamén de crear un ambiente de convivencia e esperanza para todas as persoas cuxas vidas quedaron ancladas no camiño.

Dende Nos Seus Pés cremos que coa unión do pobo e a iniciativa cidadá podemos colaborar con estas organizacións para seguir salvando vidas. Todos temos algo que aportar. Para isto o noso proxecto volve, por terceiro ano consecutivo, a organizar dous días de festival solidario coa finalidade de:

  1. Recaudar axuda económica para que Proem-aid e Project Elea poidan continuar coa súa misión.
  2. Crear un espazo de convivencia e toma de conciencia da situación de emerxencia humanitaria.
  3. Utilizar a cultura como instrumento de unión e diversión pero tamén de promoción dos  valores de solidaridade nos que cremos.

O festival, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro  en O Grove, realízase gracias a colaboración con empresas do pequeno comercio local e persoas que, a título individual, empregan o seu tempo e traballo na causa. Non importa a idade, os gustos, as creencias, a profesión, o tempo disponible. Todos podemos apoiar a quen o necesita. Todos podemos participar. E ti? Está nas túas mans.